Skip to main content
Cospeito

Remata o Mercado de Nadal coa elección dos gañadores

Por 16 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informa de que finalmente apareceron 16 dos 19 vales premiados de 100 euros cada un deles correspondente á XV edición do Mercado de Nadal – 2023, que se celebrou entre os pasados 1 de decembro do 2023 e o 5 de xaneiro deste ano, e que organizou este colectivo empresarial.

O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 94.974.

A entrega de premios, terá lugar o mércores 17 de xaneiro, a partir das 20 horas, na casa da cultura de Muimenta. A ela asistirán representantes da entidade Abanca, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo (José María Seijas), e a directiva empresarial de Muimenta.

Os premios teñen que gastarse antes do 17 de febreiro nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. En total, suman 1.600 euros.

Esta edición dase a situación de que unha mesma persoa (Vanesa Vizcaíno) é a terceira vez que recibe un vale de 100  euros, no ano 2019 na perruquería Velica e o ano pasado e este ano, no mesmo negocio, Reparaciones Agrícolas y Recambios Paris.

Os vales só se poderán facer efectivos unha vez que se produza a súa entrega oficial, nunca antes.