Skip to main content
Cospeito

Cospeito acollerá unha actividade de baile de salón os mércores

Por 26 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito organiza unha actividade de baile de salón que se celebrará todos os mércores pola tarde desde febreiro.

Estas clases desenvolveranse de 19.00 a 20.30 horas todos os mércores na casa da cultura de Cospeito. Teñen un prezo de 2 euros por persoa ao mes e comezarán as clases o día 7 de febreiro.

O prazo para inscribirse remata o 31 de xaneiro e para comezar requírese un mínimo de 7 parellas.

A inscrición debe realizarse con membros da asociación.