Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Adamo desprega a fibra óptica en todas as parroquias de Friol

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A empresa Adamo está a instalar esta tempada a fibra óptica para a conexión a Internet a alta velocidade no concello de Friol, con atención ás parroquias.

Segundo explicou o alcalde, José Ángel Santos, á veciñanza, xa hai zonas do municipio nas que se poden solicitar as altas para ter servizo de internet e teléfono.

Para realizar as solicitudes de alta as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 722 482 588 ou 685 502 000, onde se lles informará si a súa zona xa pode recibir estes servizos.

Cabe lembrar que Friol forma parte de todo un plan de expansión da compañía, que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar tales actuacións, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización.

A pesar destes enormes avances, o crecemento prosegue, xa que o operador resultou adxudicatario da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.