Skip to main content
Guitiriz

Os Vilares celebrará os días 20 e 21 as festas na honra de San Vicente

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Os días 20 e 21 de xaneiro darán comezo nos Vilares, Guitiriz, as festas na honra de San Vicente

Os actos darán comezo o sábado coa celebración da misa ás 13.30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Fénix. Pola noite, haberá verbena con este mesmo grupo e a orquestra Fania Blanco Show.

O domingo 21, volverá o oficio relixioso ás 13.45 horas, coa procesión e a sesión vermú de novo co grupo Fénix, coa que se dará rematada a festa. A organización lembra que haberá carpa cuberta e unha colchoneta para os nenos gratis nas dúas sesións vermú.