Skip to main content
Guitiriz

Unha iniciativa quere mostrar aos bisavós e bisavoas que viven en Guitiriz

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz arrinca ‘Que mola máis que un bisavó ou bisavoa?’, unha iniciativa que ten como obxectivo buscar aos bisavós e bisavoas que vivan no municipio a través de fotografías que envíen os seus bisnetos e bisnetas. As imaxes recibidas serán expostas e as persoas participantes recibirán un pequeno agasallo pola súa contribución.

Solicítase que se envíe unha fotografía orixinal na que apareza o bisavó ou bisavoa xunto ao seu bisneto ou bisneta. Tamén poderán facela con máis dun familiar ou, incluso, con tataravós se os teñen. O único requisito é que, tanto bisnetos como bisavós, deben estar empadroados en Guitiriz.

As persoas interesadas en contribuír a esta iniciativa teñen ata o 15 de febreiro para enviar a súa proposta. As imaxes enviaranse ao Whatsapp a través do número 609 64 72 44 ou depositaranse nos Servizos Sociais do concello xunto aos nomes, apelidos, lugar de residencia do bisavó ou bisavoa e autorización de uso de imaxe.