Skip to main content
Guitiriz

Curso sobre o uso de smartphone para maiores en Guitiriz

Por 29 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo activa o programa Xunt@s, con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

A primeira actividade que virá ó Concello de Guitiriz será na Casa Habanera. Terá lugar os días 31 de xaneiro e 7 de febreiro, ás 10.30 horas.

A sesión estará dirixida a mostrar o uso dos smartphone.

As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente no teléfono 982 370 109.