Skip to main content
GuitirizXermade

Abre un segundo prazo de matrícula da UNED Sénior de Guitiriz

Por 31 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A aula do Concello de Guitiriz da UNED Sénior abre un novo prazo de inscrición. Esta actividade vai dirixida a persoas de máis de 50 anos que queren seguir formándose.

Nesta ocasión, a UNED contará coas asignaturas de música e inglés.

As persoas interesadas poderán anotarse no Concello de Guitiriz ata o 15 de febreiro na sede do Concello, chamando ao teléfono 982 370 109 ou no mail info@concellodeguitiriz.com.