Skip to main content
Meira

Comezan en breve as obras para cubrir a pista de pádel de Meira

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Meira xa ten adxudicadas as obras para cubrir a pista de pádel de Meira, obras que teñen de prazo ata agosto pero que se espera que comecen nas próximas semanas.

Esta obra ten un orzamento de 125.000 euros e foi adxudicado a OMIP SL cun prazo de execución de dous meses e 15 días. O Concello obtivo para esta obra unha subvención por importe de 133.814,67 euros.

O proxecto consiste na construción dunha edificación, sen cerramento perimetral, para cubrición da pista de pádel, que está composta por un módulo de 22,00 m de lonxitude, 13,00 m de luz (anchura) e 8,16 m de altura a cumbrera.

A estrutura de sustentación será metálica con piares. A cuberta será de chapa simple precurvada de aceiro galvanizado.

A construción da pista de padel, que está situada  ao lado da nova área de autocaravanas, foi inaugurada no ano 2019 e ten un elevado número de usuarios, que contan con sistema de reserva da pista, on line e aberta a toda a veciñanza.

Cando se rematou a obra, se tiña por obxe tivo cubrila en canto fora posible, tal e como explicou o concelleiro responsable desta área, Agustín Méndez, “para utilizala de cara ao inverno”.