Skip to main content
Meira

Meira recupera este venres a Verbena das Candeas

Por 29 Xaneiro, 2024Xaneiro 30th, 2024Sin comentarios

Meira volverá contar este ano coa Verbena das Candeas, unha celebración de moito arraigamento na vila, que levaba sen celebrarse máis de dez anos na súa totalidade.

Así, ás 13.00 horas terá lugar a misa de Candeas na igrexa de Meira, seguida da bendición e a procesión. Este oficio ten unha fonda tradición, que congrega todos os anos centos de persoas. O oficio conclúe co sorteo de roscas de Candeas e a posterior degustación.

Serán os actos da noite os que se recuperen en todo o seu esplendor. A partir das 21:00 horas comeza a verbena, que estará amenizada polo grupo Los Adrianos, e que contará tamén con reparto de rosca de Candeas con chocolate, que serán de balde.

Para amenizar a festa haberá inchables para a rapazada, tamén de balde, sorteos e premios.

E non podería rematar esta xornada sen o Baile do Farolillo. Este consiste en executar un baile en parella e rematalo co farol aceso. A norma principal é que non vale apagar os farois dos demais.

Esta sesión, que pretende recuperar unhas das festas tradicionais máis vistosas da vila, está organizada polo Concello xunto ás asociacións de Meira.