Skip to main content
Muras

O Concello de Muras organiza unha charla sobre a EHE

Por 23 Xaneiro, 2024Xaneiro 30th, 2024Sin comentarios

A proposta do Concello de Muras e en colaboración co Gabinete Técnico-Agropecuaria Terra Chá e a empresa farmacéutico-veterinaria Vetia, organízase o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 12:00 na Casa do Médico de Muras unha charla para falar sobre a picadura do mosquito que transmite a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE).

É esta unha enfermidade vírica non contaxiosa que afecta aos ruminantes domésticos e salvaxes, transmitida por mosquitos do xénero Culicoides. A infección polo virus da enfermidade hemorráxica epizoótica (VEHE) pode ser inapreciable en moitos animais, sobre todo nas especies menos sensibles como ovellas e cabras, pero tamén pode causar unha enfermidade mortal nunha proporción de ruminantes infectados, especialmente cervos e bovinos, como as vacas. Non afecta aos humanos.

Sergio R. Pedrouzo, do Servizo Técnico Ruminantes de Vetia, será o experto que dará a charla.

Unha vez rematada a charla repartiranse uns petiscos.