Skip to main content
Vilalba

O secretario xeral do PSOE de Vilalba sostén que “a Xunta non se interesa polas necesidades do municipio”

O secretario xeral dos socialistas de Vilalba, Eduardo Vidal, considera que “a resposta do delegado da Xunta en Lugo o único que fai é darlle a razón á alcaldesa, Marta Rouco”.

Tras unhas declaracións realizadas o mércores por Marta Rouco, nas que lamentaba que a Xunta de Galicia pechase a lexislatura “sen atender ás principais demandas e peticións por parte do noso Concello, o delegado territorial, Javier Arias, enviou aos medios de comunicación unha resposta que lle da a razón á alcaldesa”, sostén Vidal.

“As verdades parece que fan reaccionar á Xunta, pois o mesmo delegado acepta o que ano a ano vimos denunciando, nin un só euro en investimentos para Vilalba”, explica Vidal.

“Parece que o entroido vén adiantado, pois facer crer que dar luz á estación de autobuses, que por certo é da Xunta e o que ten que facer é poñela en condicións, ou conceder dúas subvencións de concorrencia competitiva son investimentos e como preguntar a hora e contestar que fai moito sol”, engade.

“Chegou o momento de facer balance, de asumir o que se implica o Goberno Autonómico en Vilalba. Se como di, tanto está a facer a Xunta polo noso concello, emplazamos ao delegado a que faga públicos os convenios que a Xunta leva asinados con Vilalba nos cinco últimos anos”, afirma Vidal. “Insistimos en que a Xunta nin nos recibe nin se interesa polas necesidades dos vilalbeses e vilalbesas, ao único q viu o delegado últimamente é a sacarse fotos e a aproveitar un acto relixioso para facer crer que están presentes”, remata o secretario xeral dos socialistas de Vilalba.