Skip to main content
Vilalba

O Concello vilalbés espuxo a nova normativa urbanística a veciños de Pedrosa Latas

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde e responsable de Urbanismo de Vilalba, Modesto Renda, deu conta diante dos veciños e veciñas do Grupo de Vivendas Pedrosa Latas das marxes de edificabilidade que, para este conxunto, están previstas no modificado da normativa urbanística promovido polo Concello de Vilalba.

Na xuntanza tivo un papel fundamental o técnico redactor, Antonio de Vega, que foi convidado polo Concello a participar, co fin de que os veciños e veciñas tiveran a oportunidade de coñecer e preguntar de primeira man sobre as cuestións que lles afectan, antes de que o conxunto da documentación sexa enviada ás administracións competentes e de que se debata no Pleno Municipal a súa aprobación provisional (a final corresponde á administración autonómica).

“Dende o inicio da lexislatura tivemos claro que había que axilizar a tramitación deste documento e é por isto que nos centramos en cumplimentar todos aqueles requerimentos e correccións que se nos esixiron” explicou Renda.

Unha destas esixencias foi, xustamente, catalogar este conxunto de vivendas, para as que agora se contempla unha ampliación que, respectando a pendente de cuberta, permitirá ós propietarios/as que desexen reformar, desfrutar dunha vivenda adaptada aos estándares actuais, ao tempo que se salvagarda a tipoloxía preexistente a conservar.