Skip to main content
Vilalba

Os colexios de Vilalba comezan cos obradoiros de competencias emocionais

Por 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Na mañá de onte os centros de educación primaria do casco urbano de Vilalba, o CEIP Mato Vizoso e o CEIP Insua Bermúdez, recibiron a primeira sesión dos obradoiros de competencias emocionais dirixidos ao alumnado de 6º de primaria.

Durante esta primeira xornada, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou persoalmente o alumnado receptor da iniciativa para coñecer de primeira man o contido e o desenvolvemento duns obradoiros que “dotarán aos nenos e nenas das ferramentas necesarias para xestionar as súas emocións, consigo mesmos e cos demais” salientou a rexedora vilalbesa.

Esta iniciativa, incluída dentro do Programa de Prevención de condutas aditivas do Concello de Vilalba, basease na aprendizaxe e no desenvolvemento das habilidades intrapersoais e interpersoais que integran a intelixencia emocional a través de dinámicas e actividades que fomentan a comunicación.

Pola súa banda, tamén os centros educativos do rural vilalbés serán beneficiarios desta proposta que busca “desenvolver factores de protección no alumnado e intentar reducir ao máximo o impacto de determinados factores de risco” sinalou a alcaldesa e concelleira de servizos sociais, Marta Rouco, quen ademais explicou que “son xornadas que se levarán a cabo durante todo o curso e que se estenderán tamén ao vindeiro para que goce delas o maior número de alumnado posible”.