Skip to main content
Vilalba

Goiriz acolle a primeira xornada do programa Xunt@s sobre deporte

Por 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O programa Xunt@s chega a Vilalba. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

A primeira delas no Concello terá lugar o xoves 8 de febreiro de 20:15 a 21:15 na Casa Escola Habanera de Goiriz e continuarán á mesma hora, os xoves das 16 semanas vindeiras (ata comezos do mes de xuño).

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade e para as que non é necesaria a inscrición previa.

Nesta ocasión tratarse sobre a promoción do deporte.