Skip to main content
Vilalba

Noche organiza unha festa de disfraces o día 10

Por 28 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Noche celebrará o Entroido o sábado 10 de febreiro, cunha festa infantil de disfraces que terá lugar na casa escola de Noche a partir das 17.00 horas.

Esta sesión está organizada pola asociación de veciños local de Nausti e contará con numerosas actividades para a mocidade como globoflexia, pintacaras, xogos circenses, photocall e baile coas diverpaiasas.

Repartirase entre todos os asistentes chocolate con churros.