Skip to main content
Xermade

Remata unha nova edición do belén de Momán con raíñas magas que apoian a Palestina

Por 7 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Na capela de San Antonio de Momán volveron colocar un ano máis un belén que reflicte a realidade do que acontece no mundo. Nesta ocasión, o “xenocidio” de Israel sobre Palestina é o tema deste ano. Coa celebración da xornada de Reis deron por terminada esa campaña e Luis Rodríguez, o párroco local, ofreceu unha clara declaración de intencións.

Foi en Momán outro Nadal reivindicativo e non faltaron as palabras duras contra a situación que se está a vivir en palestina. Ademais, foron tres raíñas magas as que trouxeron os agasallos porque hai que darlle un pulo á historia e á tradición.