Skip to main content
Xermade

Curso sobre o uso de smartphone para maiores en Roupar

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo activa o programa Xunt@s, con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

A primeira actividade que virá ó Concello de Xermade será no local da Asociación de Veciños O Campo, en Roupar. Terá lugar os días 1 e 8 de febreiro, ás 10.30 horas.

A sesión estará dirixida a mostrar o uso dos smartphone.