Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade lembra o proceso para a recollida de animais

Por 28 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Xermade e a Asociación Cometa asinaron un convenio de colaboración para atender animais abandonados no municipio no ano 2021

Desde entón, Cometa faise cargo dos animais recollidos polo concello, asumindo o seu coidado e alimentación ata que sexan recuperados, cedidos ou adoptados.

Por tanto, para calquera aviso por parte da veciñanza, chamen ó concello ó 982 50 10 02 en horario de mañá e ó 112 en horario de tarde.