Skip to main content
Xermade

Roupar celebrar unha cea de Entroido o sábado 10

Por 28 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños de Roupar organiza o sábado 10 de febreiro unha cea baile de Entroido a partir das 21.00 horas na Escola Habanera da parroquia.

A cea constará de cocido completo, freixós, orellas e roscas a un prezo de 20 euros para os socios e de 25 para os non socios.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 20 de febreiro nos bares de Roupar, na farmacia ou chamando aos teléfonos 660 228 252 ou 678 063 111

Para amenizar a festa haberá un grupo con música para bailar.