Skip to main content
Xermade

Xermade convoca o concurso de disfraces para o 12 de febreiro

Por 29 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Entroido chegará de novo a Xermade o luns 12 de febreiro coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 21.00 horas no pavillón polideportivo.

Coa festa convócase de novo concurso de disfraces con premios para grupos, parellas e individuais, que oscilarán entre os 200 e os 5o euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos. Serán tres gañadores en cada unha das tres categorías para os veciños do Concello. Tamén haberá un premio único para o disfrace máis orixinal. Ademais, haberá unha categoría para a participación de persoas non empadroadas en Xermade con tres premios, de 150, 100 e 50 euros.

O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.

As persoas que desexen participar no concurso deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 7 de febreiro e os que desexen máis información poden comunicarse co 678 744 178.