Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros fixo entrega dunha colección de contos infantís á Escola Infantil

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

A concelleira de educación e igualdade, Montse Porteiro, fixo entrega dunha colección de contos infantís á Escola Infantil. Estes libros, financiados con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, abordan temas esenciais na formación dos máis pequenos.

Porteiro sinala que “é fundamental comezar a impartir estes coñecementos desde unha idade temperá, aproveitando a asombrosa capacidade de aprendizaxe que teñen nos seus primeiros anos. Os contos abordan temáticas coma as emocións, os estereotipos de xénero, a diversidade, a sexualidade e a prevención de abusos, todo adaptado ás súas idades”.

A concelleira destaca que “cada páxina está deseñada para explorar conceptos importantes como compartir, convivencia e respecto, ademais de incorporar a sonoridade e ritmos que enriquecen a súa experiencia educativa”.