Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXA

O BNG avanza medidas para un proxecto de futuro para A Mariña

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

As candidatas e candidatos do BNG pola circunscrición de Lugo pertencentes á Mariña presentaron hoxe en rolda de prensa en Burela  as principais propostas do programa de goberno para a comarca. Para o BNG, 14 anos de  Partido Popular  deixan unha Mariña peor, unha Mariña pola que eles nada fixeron diante dos graves problemas que esta comarca tivo e tén que afrontar, coma o desemprego, a desindustrialización, o desmantelamento da sanidade pública ou as infraestruturas polas que a comarca leva décadas esperando.

“Non vimos nin un só  proxecto de futuro para A Mariña nestes anos, só vimos propaganda, porque  esta foi a Xunta da propaganda” afirmou Daniel Castro, que recordou tamén que nestes anos “foi a sociedade mariñá a que tivo que organizarse e sair á rúa para defender servizos básicos coma a sanidade, ou para defender o emprego e  a industria ou reclamar vías de comunicación, e aí coa sociedade estivo sempre o BNG, cóbado con cóbado, e quen tiña competencias e responsabilidades na Xunta deixounos sós aos mariñaos”

Preparadas para gobernar e poñer á Mariña na vangarda

Vanesa G. Lourido, Miguel Gómez, Sandra Fdez. Cillero, Eloi Cabanas, Pilar Vázquez, Iria Cotelo e Daniel Castro, candidatxs pola Mariña explicaron as propostas nacionalistas para a comarca, moitas xa coñecidas, coma rematar a VAP San Cibrao-Ferrol, recuperar a Área Sanitaria da Mariña, defensa a ultranza da pesca desde o goberno galego, diante de Madrid e en Europa, aproveitar e potenciar a riqueza forestal, donde a comarca é unha potencia, garantir os postos de traballo en Alcoa, a través da intevención pública e con participación da Xunta, xeración de emprego para o retorno da mocidade emigrada, un rural vivo con servizos, e diante do aumento da lonxevidade, máis e mellores servizos para a atención aos maiores.

Ana Pontón en Burela

Por todo isto, desde o BNG apelan á sociedade mariñá a que acuda masivamente o vindeiro 13 de febreiro ás 12.00 ao Auditorio Municipal de Burela ao acto público no que intervirán Mario Pillado, tenente alcalde de Burela, o candidato mariñao nº 2 por Lugo Daniel Castro, a cabeza de lista Olalla Rodil, e a candidata e futura presidenta da Xunta, Ana Pontón.