Skip to main content
Burela

O Concello de Burela está a reparar a cuberta do pavillón de Vista Alegre

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela está a realizar obras para reparar a cuberta do pavillón municipal de Vista Alegre, unha actuación cun orzamento próximo aos 45.000 euros.

“O obxectivo dos traballos é subsanar unhas filtracións de auga que había cando chovía, afectando á pista de xogo”, explica o concelleiro de Deportes de Burela, Carlos Méndez.

“Continuamos desta forma mellorando as instalacións deportivas e de lecer do concello, unha prioridade para o noso grupo de goberno”, afirma o alcaldesa, Carmela López.

Por motivo das obras, os encontros e adestramentos habituais, entre eles os do Burela FS, tiveron que derivarse a outros pavillóns. Os traballos realízanse nestas datas pola meteoroloxía, a dispoñibilidade dos instaladores e o feito de non haber clases.

Desde o concello “sentimos as molestias causadas aos usuarios, pero esperamos en breve ter a instalación dispoñible e en mellores condicións”.

Por outra parte, o concello tamén aproveitou estes días para cambiar toda a rede que rodea as pistas de Infantil e Primaria do Ceip Vista Alegre, dando resposta a unha petición da dirección do centro educativo.

“A colaboración cos centros educativos e escolas infantís de Burela é continua, desde o concello intentamos sempre dar resposta ás súas peticións, incluso naqueles casos nos que as competencias non son nosas”, engade a alcaldesa.