Skip to main content
Burela

Os percusionistas Odaiko actuarán na casa da cultura de Burela

Por 23 Febreiro, 2024Febreiro 24th, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela acolle un concerto do grupo de percusionistas Odaiko na casa da cultura. A actuación do grupo, titulada ‘Cousas de 4’ e dirixida a un público familiar, terá lugar este sábado, día 24 de febreiro, ás 18.00 da tarde. A entrada será de balde.

A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez Pardo, anima á veciñanza “a acudir a este evento para desfrutar en familia dunha proposta musical diferente, de xeito totalmente gratuíto”.

Odaiko é un grupo galego conformado por percusionistas cunha ampla traxectoria ás súas costas, cunha proposta centrada na exploración da música tradicional multiétnica a través de diversos instrumentos de percusión.