Skip to main content
Burela

Os empadroados en Burela terán un desconto na entrada do festival Osa do Mar 2024

Por 27 Febreiro, 2024Febreiro 28th, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela informa de que as persoas empadroadas no municipio que estean interesadas en acudir ao festival Osa do Mar poden solicitar un desconto de 10 euros no prezo da súa entrada.

Este desconto estará dispoñible ata este xoves día 29 de febreiro.Para aplicalo só é necesario introducir o código BURELA no momento de facer a compra.

Posteriormente farase unha comprobación no rexistro oficial para asegurar que as persoas que introduzan o código estean verdadeiramente empadroadas en Burela.

As entradas para este evento, organizado por décima vez en Burela pola Asociación Cultural Fanto Fantini, poden conseguirse no enderezo web https://www.wegow.com/es/festivales/festival-osa-do-mar

Ademais, está dispoñible para a súa compra o bono A Marosa para empresas colaboradoras, que por un prezo de 180 euros poderán adquirir catro bonos para o festival e a inserción do logo da empresa na páxina web do evento.

Polo demais, o prezo normal do bono para asistir ao Osa do Mar ten un prezo de 40 euros. O bono xuvenil, para rapazada de entre 16 e 17 anos, custa 30 euros, mentres que os e as menores de 16 anos poderán acudir gratuitamente, sempre acompañados e previa reserva do bono e firma da autorización correspondente.

FESTIVAL

O Festival Osa do Mar de Burela comezou a debullar os artistas que estarán no festival burelés os vindeiros 6, 7 e 8 de setembro de 2024. Así, anunciaron que contarán coas Tanxugueiras, Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B, Mondra e The Rapants.

Este festival, que chega a súa décima edición, é un festival sen ánimo de lucro e organizado 100% e desde o inicio pola Asociación Cultural Fanto Fantini.

Aínda faltan moitos artistas e novidades por confirmar pero seguramente non defraudará aos seus fans.

As entradas ca están á venta en www.osadomar.com con prezos e descontos especiais até o 29 de febreiro. Os empadroados en Burela terán un desconto de 10 euros nos bonos introducindo o código BURELA, farase comprobación posterior no rexistro oficial.