Skip to main content
Burela

O Concello de Burela informa de que están dispoñibles dous hortos urbanos

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela informa de que están dispoñibles os hortos urbanos número 2 e 16, situados na parcela da avenida Arcadio Pardiñas, 43.

As persoas que teñan interese en poñer en marcha o seu propio horto deberán presentar unha solicitude xeral a través da sede electrónica ou nas dependencias municipais.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o vindeiro venres día 1 de marzo ás 14:00.

Realizarase un sorteo no salón de plenos no que se decidirá a quen se adxudican os hortos dispoñibles, e xerarase unha listaxe de espera para vindeiras ocasións coas persoas que non resulten seleccionadas.