Skip to main content
Burela

O Concello de Burela está a estudar as mellores alternativas para tratar de recuperar o castiñeiro centenario de Cinoche

Por 28 Febreiro, 2024Febreiro 29th, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela lamenta os danos sufridos polo emblemático castiñeiro centenario sito no camiño de Cinoche, derrubado polos fortes refachos de vento da borrasca Karlotta.

Esta árbore ten un especial significado, e converteuse nun símbolo representativo desta zona, pois boa parte da veciñanza e turistas, no seu paso pola ruta circular, facían o seu punto de parada nela.

Dende o Concello estanse a estudar as mellores alternativas para tratar de recuperar e preservar esta árbore emblemática, non só dende unha perspectiva medioambiental, senón tamén cultural e emocional.

Pídese á cidadanía que non manipule nin dane os restos da árbore, de cara a atopar a opción de recuperación da mesma máis viable.