O venres 1 de marzo ás 18.00 horas na sala de conferencias do Concello de Burela o escritor Lois Pérez presentará A tribo do mar. Este libro foi premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil.
A presentación contará con Daniela Domingos, xogadora internacional e capitá do Pescados Rubén Burela FS, e o profesor e escritor Bernardo Penabade.