Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

En funcionamento as dúas primeiras cubas de Alcoa

Por 5 Febreiro, 2024Febreiro 12th, 2024Sin comentarios

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, informou de que arrincaron as dúas primeiras cubas da planta de aluminio ao completo.

Así, fai uns días comezaron a entrar en calefacción dúas cubas, a 104 e a 108 da serie B, que se enchufaron á Rede Eléctrica Española para ilas quentando. “Xa teñen metal líquido dentro delas e xa empezan a ter un funcionamento normal”, di Zan, “a isto hai que sumar que hai outras dúas cubas que arrincaron”.

Pola súa banda, Alcoa informa de que “o desenvolvemento das tarefas produciuse segundo o previsto e sen ningunha incidencia destacable”.

PROCESO.

O ánodo e o cátodo son os elementos que permiten que a electricidade se poda transmitir pola cuba, así que primeiramente preparase cada un deles co illamento térmico adecuado.

Despois engádese un baño líquido, a alumina e as sales de criolita, todos eles esenciais para realizar a electrólise. Para que as cubas funcionen, necesitan moita cantidade de enerxía a cal fai que se rompan as moléculas de alumina e separa o oxíxeno que ascende en forma de gas, e o aluminio líquido deposítase ao fondo da cuba.

Ao estar paradas desde fai dous anos, o aluminio que se atopa no seu interior está en estado sólido a temperatura ambiente, e para que todo este proceso comece, o aluminio ten que estar a 660ºC e máis adiante a cuba alcanzará máis de 1.000ºC para a criolita. Cando se consigue a tensión adecuada comeza a producirse a electrólise e a cuba xa se considera arrancada.