Skip to main content
Cervo

Aberto o prazo para inscribirse nos Cantos de Taberna da VIII Foliada Nordestía de San Cibrao

Por 24 Febreiro, 2024Febreiro 25th, 2024Sin comentarios

Aberto o prazo para inscribirse nos Cantos de Taberna da VIII Foliada Nordestía de San Cibrao e que se celebrará o sábado 23 de marzo. A cita está organizada por A Rebolaxe coa colaboración económica e de material, do Concello de Cervo.

Para poder facelo é moi sinxelo, tan só haberá que mandar un correo electrónico a foliadanordestia.cantos@gmail.com antes do 13 de marzo. As prazas son limitadas polo que non hai que demorarse.

Este ano chega a súa oitava edición e dará comezo ás 11.30 horas na praza dos Campos de San Cibrao. A cada local da ruta asignada irán dous grupos que disporán de 45 minutos de actuacións a repartir entre os grupos.

Este ano como novidade haberá un concurso entre os participantes onde os hostaleiros votarán os grupos que pasen polo seu local. O máis votado recibirá un premio que será entregado no comezo da Foliada, sobre ás 21.00 horas.

Ademais cada grupo estará convidado a un máximo de 8 consumición básicas en cada local do seu itinerario e disporán tamén de 8 invitacións a un prezo de 5 euros cada unha para o xantar popular.