Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Alcoa anunciou a súa intención de mercar a empresa australiana Alumina Limited

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

A empresa estadounidense Alcoa, propietaria do 60 % da planta de alúmina de San Cibrao, anunciou a súa intención de mercar accións por valor de 2.200 millóns de dólares, uns 2.000 millóns de euros, da empresa australiana Alumina Limited coa que comparte a propiedade da factoría mariñá.

De facerse efectiva esta operación, Alcoa sería a propietaria total da fábrica cervense o que faría que poda tomar decisións sen consultar a ninguén.

Alumina Limited e Alcoa contan coa sociedade conxunta de Alcoa World Alumina & Chemicals, coa que xestionan as plantas de San Cibrao, Australia, Brasil ou Guinea. Malia que Alcoa posúe o 60 % e Alumina Limited o 40 %.

Esta operación coincide coas incógnitas sobre o futuro da planta de San Cibrao que comezaron a resoar a finais do 2023, pero que en febreiro de 2024 parece que se disiparon coa volta a producción do aluminio primario despois de dous anos, no marco dun proceso de rearranque de forma gradual das súas cubas.