Skip to main content
Foz

Os Torques de Marzán de Foz organizan unha cea baile

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños Torques de Marzán de Foz organizan para o 16 de marzo unha cea baile de irmandade que será no Rincón do Mis, na rúa da Fiallega.

Esta cita estará amenizada polo dúo Epo-k e contará cun menú de táboa de ibéricos e queixos, croquetas, chipiróns, ovos rotos con xamón, pementos recheos de marisco, carrilleiras, diferentes de sobremesas, viño e café. Todo elo por un prezo de 15 euros para socios e 35 para non socios.

O encontro será a partir das 21.00 horas e as tarxetas xa se poden mercar na tenda Hilván da rúa da Cadra, ou á asociación 684 151 730, antes do 8 de marzo.