Skip to main content
Foz

Foz celebra o Día de Rosalía este venres cunha representación teatral

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Foz celebra o Día de Rosalía este venres, 23 de febreiro, cunha representación teatral familiar con monicreques titulada A viaxe de Rosalía.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, esa data na que veu ao mundo a nosa poetisa emblema, un símbolo desa Galicia que loita cada día. Queremos que os máis pequenos medren coñecendo a súa terra, a súa historia e as mulleres fortes que a forman e a formaron”.

A viaxe de Rosalía é unha obra con monicreques que conta a traxectoria vital de Rosalía. Da boca de Francisca, que a coidou desde nena, vamos percorrendo a súa vida cotiá e a súa obra. É unha obra familiar de 50 minutos para todos os públicos. Será este venres 23 na Casa da Cultura ás 18:30 horas. A entrada é gratuíta.

Inés López Couto engade que “este é o primeiro dos actos nos que se reivindicaran en Foz mulleres fortes que forman parte da historia de Galicia. En vindeiros días anunciarase o cartaz para un Día da Muller cheo de reivindicación, cultura  e moita forza”.