Skip to main content
Ribadeo

Unha gala chea de música e bo humor dá a benvida ao Entroido en Ribadeo

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

Coa Gala do Entroido arrincaron tres fins de semana cargadas de actividades en Ribadeo. O teatro encheuse de bo humor e de moito público este sábado para darlle a benvida a esta tradicional celebración. Moi aplaudidas foron todas as actuacións da gala, que estivo dedicada á música. Polo escenario do teatro pasaron a EMMeD de Ribadeo, as charangas Aturuxo e A Choca, o grupo Adoración do Antroido, a señora Palmira ou os mesmos Pavarotti e Salomé.

A Coral Polifónica ribadense e a Banda Municipal de Música tamén estiveron presentes a través de vídeos. A traca final púxoa Village People, actuación protagonizada polo equipo de Goberno de Ribadeo. O teatro foi engalanado para a ocasión polo obradoiro de emprego Tecendo Coidados. O evento foi conducido polo xornalista Dani Gayoso.

As charangas puxeron a nota musical polas rúas de Ribadeo minutos antes do inicio da Gala do Entroido. Tamén na xornada de onte e na de hoxe ten lugar a festa do freixó con amenización musical a cargo da Discoteca Móbil La Duendeneta. Para este domingo ás 18.00 horas está prevista a Gala Homenaxe a todas as persoas impulsoras do Entroido de Ribadeo. Será no Teatro.