Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro di que o Goberno local non solicita os obradoiros da Xunta de Galicia

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

A concelleira do PP de Viveiro, Saray Ventura, vén de presentar un rogo para a súa aprobación no vindeiro Pleno sobre o impulso necesario para a solicitude dos obradoiros a desempregados, incluíndo os de garantía xuvenil, para a súa posterior promoción.

“Os diferentes concellos da nosa comarca solicitan e benefícianse dos distintos obradoiros para desempregados que promove a Xunta, tanto obradoiros duais de emprego, como obradoiros de garantía xuvenil”, di Ventura.

Os veciños de Viveiro reclaman estes servizos, pero “en vista de que o noso concello non realiza obradoiros, teñen que acudir aos concellos veciños a anotarse para poder realizalos”. Sendo tantos desempregados os que acoden a inscribirse que saturan as listas dos obradoiros, polo que moitos deses demandantes quedan sen a oportunidade de formarse.

Desde o Partido Popular de Viveiro, entenden que “a formación é algo necesario e enriquecedor, polo que non comprendemos o motivo polo cal este tipo de obradoiros non se solicitan”.

Ademais, din que Viveiro conta cun número de desempregados superior a 500, o que lles permitiría presentarse de maneira particular, sen ter que adherirse a ningún concello. Polo que, “se solicitásemos os obradoiros duais de emprego, xunto cos obradoiros de garantía xuvenil, poderiamos estar a beneficiar e formando ao redor de 36 persoas”.

O Diario Oficial de Galicia publicou o 22 de febreiro de 2024 publico as bases reguladoras das axudas e subvencións para os talleres duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e convócanse para o ano 2024. Tendo un mes para realizar a solicitude, desde a publicación. Ademais, aínda está pendente de saír a orde para a garantía xuvenil.

Polo que, desde o Partido Popular de Viveiro insta ao Goberno do PSOE e BNG a realizar un proxecto para a solicitude dos obradoiros tanto duais como de garantía xuvenil.