Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Continúan no Vello Cárcere as proxeccións do Segundo ciclo de cine alemán

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este martes 6 de febreiro continúa no Vello Cárcere o Segundo ciclo de cine alemán, unha proposta que está promovido polo Instituto Goethe e o Club Cultural Valle-Inclán. Cada unha das pezas desenvolveranse en versión orixinal con subtítulos en castelán, en sesión de 19.30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo, aínda que iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

O martes é a quenda da produción Goethe!, de Philipp Stölzl, que conta a historia de Johann Wolfgang Goethe, un estudante de Dereito de 23 anos, suspendido durante a defensa da súa tese. O seu pai, furioso, envíao a Wetzlar a traballar na Cámara da Corte Imperial. Goethe, que soña con ser poeta, e cuxa traxedia acaba de ser rexeitada, namórase de Charlotte Buff.

As propostas continúan o mércores 21 de febreiro coa peza Nasim, de Arne Büttner e Ole Jacobs. Trátase dunha documentación acerca dos refuxiados, que non se enfoca nin no seu camiño nin na súa integración no país de asilo. Arne Büttner e Ole Jacobs realizaron unha película sobre o estancamento: Nasim e a súa familia están atrapados na illa de Lesbos, no campo de Moria, aínda operativo en 2020. Os directores observan no campo de refuxiados máis ben a distancia, concéntranse na vida cotiá e na vida interior da afgá Nasim. No aburrimento diario, ela desenvolve unha conciencia sobre as posibilidades que Europa pódelle ofrecer, sobre todo os dereitos como muller. Obsérvase o espertar da autodeterminación.

A última cita será o mércores 28 da man de Toubab, de Florian Dietrich. Achega a vida de babtou que, endurecido tras dous anos en prisión, espera un novo comezo co seu amigo Dennis. De súpeto, a súa festa de benvida, na que se reúnen todos os mozos do bloque, acaba nunha operación policial. Babtou volve ter as mans esposadas e atópase cunha noticia dramática, xa que pronto será deportado ao seu país de orixe, Senegal. Para evitar a deportación, Babtou e Dennis están dispostos a todo.