Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Chega a Lugo ‘Deadpan Karaoke’, a obra que explora a comedia dende unha perspectiva de xénero

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este xoves Ibuprofeno Teatro chega a Lugo para representar no Gustavo Freire Deadpan Karaoke. Trátase dun espectáculo unipersoal de carácter participativo, que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cinema. Todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico que explora a comedia e os seus límites desde unha perspectiva de xénero e aborda a temática do amor nesta época tardocapitalista.

Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

A protagonista da peza é a actriz Marián Bañobre, que traballa baixo a dirección de Patricia Rodríguez. A obra, que está recomendada para maiores de 16 anos, representararase no auditorio municipal a partir das 20.30 horas.