Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

A Facultade de ADE de Lugo ofrece un relatorio sobre a intelixencia artificial e a súa relación co consumidor

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade de Zaragoza, Luis Casaló, ofrece o venres 1 de marzo, a partir das 11.30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, o relatorio A Intelixencia Artificial (IA) e a súa aplicación na relación co consumidor.

Esta sesión divulgativa, promovida pola profesora do grupo de innovación docente TecnoMarketing da USC Sandra Castro González, está orientada ao alumnado do grao en Empresa e Tecnoloxía na Facultade de ADE, que tamén colabora na organización do evento.