Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Emevé vence ao CV Sayre e clasifícase para os play off

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Arenal Emevé logrou esta fin de semana unha victoria fronte ao CV Sayre. O club lucense impúxose ás canarias por un 0-3 na Superliga femenina de voleibol. Este encontro e o seu resultado era decisivo na loita por entrar nos play off. Finalmente, as visitantes alcanzan o noveno posto, a un do oitavo, conseguindo o pase na Liga Iberdrola.

As lucenses dominaron o xogo en todo momento para deixar sen opcións ao conxunto de Higinio Artiles. O traballo coral das de Pascual Saurín, lideradas en pista pola distribución de Patricia Aranda e o traballo en saque e remate de Alejandra Pérez, levou ao bloque galego a vencer o primeiro set.

A boa dinámica das lucenses mantívose nos dous parciais seguintes, para asegurar tres puntos clave e mellorar a súa posición na táboa. Na vindeira xornada, disputarán o encontro contra o Haro Rioja no Pavillón Municipal.