Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A atleta Tamara García do CD Biosbardo, subcampioa sénior no 10k Vila de Padrón

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana levouse a cabo o 10k Vila de Padrón, nun circuíto homologado. O CD Biosbardo, representado por tres atletas, estivo unha vez máis amosando unha boa progresión da man de Tamara García que se posicionou como subcampioa sénior.

Cun tempo de 39’ e 44’’, Tamara García fíxose coa cuarta praza absoluta facendo mellor marca persoal, conseguindo así a atleta de Dozón o subcampionato senior nesta proba, con distancia homologada. A profesional amosou así a rápida recuperación despois de loitar a pasada fin de semana na Fonsagrada, nunha proba de 30k, tamén coas mellores corredoras de trail running de Galicia, ao tempo que amosa a súa polivalencia nunha gran variedade de probas. No 10k padronés, o atleta Emilio Montilla de Vila de Cruces tamén se fixo coa cuarta praza máster B cun tempo de 34’43’’.