Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O club lucense Free Dojo faise con 49 medallas no campionato galego de Tatami Sport

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana celebrouse o campionato galego absoluto de Tatami Sport na cidade de Marin en Pontevedra, que supón a maior competición de Kickboxing a nivel galego e o campionato máis grande da historia con récord de participantes e combates con ⁠239 deportistas, 710 combates, 4 probas con 635 inscricións, 4 tatamis e ⁠20 árbitros.

O club deportivo Free Dojo regresa a Lugo cuns éxitos sen precedentes para o deporte da nosa cidade nesta disciplina. Os deportistas do club competiron dentro das catro modalidades que campionato que englobaba e obtivo 4 campións galegos absolutos e 24 subcampións galegos absolutos nas diferentes modalidades.

A escola deportiva, que actualmente conta coa cantidade de 148 licenzas de deportistas federados, achegou un total 21 competidores. Finalmente, un total de 49 medallas foron para os lucenses e dan acceso a 16 dos 21 participantes no campionato para estar preseleccionados para as convocatorias da selección galega absoluta que representarán a Galicia no próximo campionato de España esta primavera

Campión galego

En canto ás actuacións mais destadadas, o vixente campión galego do club lucense David Díaz revalida o título e volve proclamarse por segundo ano consecutivo como campión galego absoluto na modalidade de Point Fighting, obtendo outros dous subcampionatos máis. Yago González tamén se posicionou como campión galego na xornada do sábado pola mañá, ambos na categoría junior. Remataron a xornada do domingo con outros dous ouros, na categoría sénior, da man Mario Cascudo e Alejandro Fra.

Por outra banda, en categoría feminina, as competidoras non se puideron alzar co ouro pero si lograon 6 subcampionatos. Entre elas están Alicia Novas, que se enfrontou á número cinco do mundo, Noa Vincelle, e aos subcampionatos de Maitane Serrano e Vega Mateo, que non puideron coas favoritas de edicións anteriores, pero deixaron a porta aberta a poder mellorar en próximas edicións.