Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O PortaMiñá proclámase campión galego na categoría de alevíns

Por 13 Febreiro, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana disputouse o Campionato Galego Alevín de natación na piscina do Club Fluvial de Lugo, competición na que o Club Natación PortaMiñá se proclamou campión na clasificación xeral conxunta, campión na categoría feminina e terceiro na clasificación masculina.

Nas probas individuais, o PortaMiñá fíxose con 18 medallas de ouro, 11 de prata e 8 de bronce, mentres que nas probas de relevos conseguiron 3 primeiros de ouro e 2 de prata. Trátase duns resultados que acaban por consolidar ao PortaMiñá como referente da natación galega de base despois do triunfo no Campionato Absoluto de fai dous meses.