Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Os mellores pilotos nacionais cítanse este sábado no Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo acolle este sábado o Campionato de España de Motocrós Elite co que colabora a Vicepresidencia da Deputación. A mala previsión meteorolóxica, xa que se espera a chegada dunha nova fronte á nosa comunidade durante o domingo, obriga a concentrar as probas durante esta xornada. O deputado Daniel García participou na presentación da cita, que será a primeira na que participa o lucense Jorge Prado, campión do mundo de MXGP. García destacou a importancia de apostar dende as administracións  “por deportes minoritarios e traballar nunha base para o futuro”.

Do mesmo xeito que o ano pasado, estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial. Por outra parte, a Xunta de Galicia tamén quixo expresar o seu apoio ao piloto no obxectivo de revalidar o seu título como campión mundial de MXGP, a máxima categoría do Campionato do Mundo de Motocrós, e reafirma o seu compromiso co circuíto que leva o seu nome e co proxecto que representa, para situar a Lugo como referente deste deporte. A proba servirá de antesala ao Gran Premio de Galicia que se celebrará en maio.