Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Cásas logra ascender a Segunda no mesmo ano no que debuta

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Casás fai historia e logra ascender o ano que debuta. Os de amarelo lograron vencer ao Catro Roldas (2-3) a aproveitaron a derrota do Goiriz fronte ao Barreiros (5-1) para converterse en equipo de Segunda a tres xornadas do encontro final. Conseguen ese ascenso cando faltan tres xornadas de liga e están segundos de grupo xa que o Barreiros, primeiro, ascendeu xa hai dúas semanas

Este equipo que ten fútbol base desde hai anos estreou equipo sénior e xa na súa primeira tempada logran ascender a Segunda división. Trátase dun club recente, xa na súa gran maioría son xogadores que proceden dos xuvenís.