Skip to main content
A Fonsagrada

O BNG da Fonsagrada celebra unha nova concentración pola defensa da atención primaria

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galega volveu convocar aos veciños e veciñas da Fonsagrada a unha nova concentración en defensa da atención primaria no centro de saúde da vila, que atende aos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Tras anos sen asumir as demandas da xente da Fonsagrada e facilitar os servizos de radioloxía ou fisioterapia sen ter que desprazarse ata Becerreá, “os fonsagradinos e fonsagradinas teñen que soportar agora que rematen tamén coa atención primaria, ao eliminarse o médico compartido con Negueira de Muñiz, como xa se fixera antes co de Ribeira de Piquín”, din.

A atención primaria foi o ámbito da sanidade “que sufriu máis recortes, e as consecuencias, coa masificación de consultas, a falta de profesionais e os PACs ao límite, repercuten na vida diaria das galegas e galegos”, engaden. Polo tanto, o BNG defende a atención primaria como porta de entrada ao sistema de sanidade público, mudando o modelo actual por un no que as persoas sexan o centro.

O BNG propón crear o Plan de Mellora da Atención Primaria, cunha partida de 200 millóns de euros para reforzar a porta de entrada á sanidade pública. “É preciso aumentar o número de profesionais en todos os centros de saúde, e incorporar á atención primaria ao persoal de categorías imprescindibles, como psicoloxía clínica ou logopedia, para prestar unha atención integral”, rematan.