Skip to main content
Lugo

A Castrexa de Manuel Pallín faise co bronce como mellor mural do mundo

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O mural A Castrexa de Manuel Pallín acaba de ser elixida como o terceiro mellor mural segundo a plataforma Street Art Cities, plataforma que xa recoñeceu outra obra da cidade no 2021: o graffiti de Julio César elaborado por Diego As. A plataforma volve poñer o foco na cidade amurallada xa que, despois conseguir o recoñecemento a Mellor Mural de Xuño 2023, a Copora de Yoe 33 conseguiu entrar no podio dos mellores murais do mundo do ano pasado.

Trátase dunha peza impulasda pola Alcaldía de Lugo na rolda da Muralla como un tributo ao pasado castrexo da cidade. Está pintada cunha gama cromática de grises e beiges para ser respectuosos coa contorna da Muralla, nunha fachada de 20 metros de alto, e representa a unha guerreira castrexa ataviada cos elementos característicos como son as prensas, xoias e armas.

Atópase situada nun espazo con moito tránsito, na medineira do edificio número 158 da rolda da Muralla, e que permite a súa observación desde o propio adarve “o que seguro lle outorga versatilidade como ‘selfpoint’ para que tanto as e os visitantes como o conxunto da cidadanía poida sacar a súas propias imaxes e instantáneas, como está sucedendo xa co mellor mural do mundo de 2021, o Julio César de Diego As, vinculado ao legado romano”, explicou a exalcaldesa, Lara Méndez, o pasado mes de xuño.

Para levala a cabo, Manuel Pallín contou co asesoramento da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e do arqueólogo municipal, Enrique Alcorta. En canto as outras obras que tamén obtiveron recoñecemento son todas de orixe galega. Co primeiro posto fíxose a creación pintada por Sfhir en Fene, mentres que A Dona do Esteiro de Lula Goce acadou o segundo posto.