Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Vello Cárcere ofrece un programa especial de Entroido do 7 ao 13 de febreiro

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O centro sociocultural O Vello Cárcere presenta o seu programa especial para celebrar o Entroido. Deste xeito, o Espazo Didáctico, o Espazo de Lecer e a Biblioteca teñen preparados para estes días unha morea de obradoiros e actividades para os máis cativos.

A Biblioteca e o Espazo Didáctico inauguran a programación o día 7 de febreiro coa actividade A toda cor: o noso Entroido, dirixida aos nenos e nenas de 3 a 8 anos, e que se organizará de 17.30 a 19.00 horas. Ao día seguinte é a quenda da proposta Minirrelatos: Entroido para a cativada de 7 a 12 anos. O martes 13 os máis pequenos tamén teñen unha cita no centro sociocultura para gozar da actividade Pequeñevetistas: Entroido. A proposta será de 17.30 a 18.30 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos.

Por outra banda, as propostas do Espazo de Lecer comezan o sábado 10 cos contacontos miúdos É tempo de Entroido. Organizaranse dúas sesión, de 11.00 a 12.30 horas e de 12.30 a 14.00 horas. O día 11 e o 13 de febreiro, será a quenda da actividade Cousiñas xeitosas: Entroido!.

Para participar, cómpre inscribirse de maneira presencial na recepción do centro ou a través do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal. Débese ter en conta que  o prazo de inscrición do Espazo de Lecer ábrese os luns (incluídos). No caso do Espazo Didáctico e da Biblioteca, o prazo de inscrición ábrese unha semana antes de cada obradoiro e péchase o día anterior ás 19.00 horas. Os participantes poderán achegarse caracterizados.