Skip to main content
Lugo

O IV Torneo Semana Santa do Sagrado Corazón celebrarase o 25 e o 26 de marzo

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

Aínda que restan algo menos de dous meses, o ADC Sagrado Corazón conta coa confirmación de moitos dos clubs que participarán nunha nova edición do torneo de fútbol-7 para as categorías benjamín (2014 e 2015) e alevín (2012 e 2013). O IV Torneo Semana Santa Lugo Express disputarase en dous días coincidindo coas vacacións do curso escolar.

A cita recibirá na cidade a moitas das mellores escolas de fútbol base da comunidade galega e da provincia de León. Serán dous días intensos e dependendo de como queden configurados os grupos en función dos equipos participantes, serán como mínimo máis de 500 nenos e nenas participantes os que acudan a Lugo a disputar este campionato que terá como escenario os campos municipais José María Rodríguez Lago (As Gándaras).

Desde a organización buscan conseguir un alto nivel competitivo, polo que contarán coa presenza de moitas das mellores canteiras galegas do fútbol base e que aceptaron a invitaciónn para participar no evento. Entre elas participarán o RC Celta de Vigo, o Rácing Club Ferrol o RC Deportivo de La Coruña, o SD Ponferradina, CD Lugo, o CD La Morenica Aldebi, O Pabellón Ourense CF, o Ural CF, o CD Calasanz, o Bertamiráns (Ames – A Coruña), o ED Xuventude Oroso, o CD As PontesSada CF, o Atlético Perillo, Santiago de Foz, SCD Milagrosa, SDC Residencia, ACD Piringalla, o CP Casás, EF Polvín (Lugo), o ADC Sagrado Corazón (Lugo).

O evento contará co apoio das tres institucións, Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, que a través de diferentes vías apoiarán a celebración deste evento. Ademais, o torneo estará autorizado pola RFGF para a súa celebración e bo desenvolvemento.