Skip to main content
Lugo

O Concello asegura que sistema de control de accesos ao centro de Lugo desenvolverase según os prazos acordados

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

A voceira municipal, Ana González Abelleira, pronunciouse este luns en relación a valoración do PP sobre o proxecto de implantación do sistema de acceso ao Centro Histórico. “Moito nos estrañaría que o PP viñera a sumarse a algún proxecto ou a ofrecer colaboración para levalo a cabo”.  A socialista asegura que cada vez que o Goberno local aborda calquera iniciativa os populares “automaticamente se opoñen ou o critican e, sobre todo, o que tratan é de confundir á cidadanía, xerar confusión e mesmo cuestionar a viabilidade das medidas anunciadas se é preciso ata poñendo en dúbida a capacidade dos técnicos municipais”.

Sinala que a formación política tratan de ocasionar ruído e incitan á preocupación veciñal. “Alertan da falta da recolocación das cámaras, da activación dos expedientes sancionadores… que son trámites que forman parte do proceso que se está desenvolvendo tendo en conta os prazos anunciados a semana pasada con relación á fase de probas”.

A voceira asegura que a posta en marcha do sistema de control de accesos ao centro histórico é un procedemento complexo, “que implica o traballo de moitos servizos municipais aos que queremos agradecer o esforzo e preocupación que están amosando por articular todos operativos que son necesarios para que o novo sistema poida habilitarse con éxito e probarse”. Recrimínalle ao Partido Popular utilizar “o descoñecemento que eles mesmos teñen dos temas municipais para crispar á sociedade en torno a un mecanismo que aínda non se habilitou e no que se está traballando para acadar que sexa o máis eficiente posible”.