Skip to main content
Lugo

Sesenta persoas participan na xornada de poda de vimbio en Reque

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

Sesenta persoas participaron na xornada de poda de vimbio desenvolvida este domingo no Espazo Permacultural Lugar de Reque, en Lugo. A actividade, que inaugura a programación que se desenvolve neste espazo natural recuperado pola Vicepresidencia da Deputación a carón do río Rato, permite coidar e rexenerar a plantación de vimbio, ao tempo que as persoas asistentes aproveitan para recoller vimbios para uso propio.

Co obxectivo de manter o coidado dos ecosistemas e tamén o coidado propio, dende o mes de xaneiro, o Lugar de Reque está a coller os obradoiros Fermentados, Alucina coa Alquimia, Sons Vibracionais e Ioga para Familias, que están dirixidos tanto para persoas adultas como para a infancia e a adolescencia.